Debutou co Celta nun partido contra o Valencia FC na temporada 2003-04 da man de Miguel Ángel Lotina. Esa campaña xogou doce partidos de liga e dous da UEFA Champions League, o primeiro deles contra o Arsenal FC londiniense, no estadio de Highbury Park. Logo do descenso do equipo, Oubiña liderou o conxunto como titular habitual, ata o ascenso. Ao ano seguinte, xa en primeira, foi determinante para que os celestes acadaran a sexta praza e se clasificasen para a Copa da UEFA. Destaca pola súa capacidade para recuperar balóns.
Aqui deixobos unha informacion resumida del:
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Borja Oubiña Meléndez | ||
| Nacemento | 17 de maio de 1982 (31 anos) | ||
| Lugar | Vigo, Galicia | ||
| Altura | 1.80 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Celta de Vigo | ||
| Número | 4 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1988–1989 | Moledo | ||
| 1989–1994 | Gran Peña | ||
| 1994–2001 | Celta de Vigo | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2001–2004 | Celta B | 67 | (4) |
| 2004– | Celta de Vigo | 181 | (6) |
| 2007–2008 | → Birmingham City (cedido) | ||

No hay comentarios:
Publicar un comentario